Monforte, 21 de abril de 2015.





ESQUERDA UNIDA-SON DEFENDERÁ UN NOVO MODELO DE CONCELLO PARA RECUPERAR A DIGNIDADE DA MAIORÍA SOCIAL EN MONFORTE.


O COORDINADOR DE ESQUERDA UNIDA MONFORTE, AMARO CARRETERO, DECLAROU “O MODELO DE XESTIÓN ACTUAL NON SERVE PARA ATENDER AS NECESIDADES URXENTES DA CIDADANÍA DE MONFORTE. CHEGOU A HORA DE CAMBIAR DE MODELO E DEFENDER CON UNLLAS E DENTES A DIGNIDADE DA NOSA CIDADE”


A coalición ESQUERDA UNIDA-SON presenta unha candidatura cunha importante presenza de xente moza complementada coa experiencia de persoas vinculadas ao activismo social e sindical que propón un cambio radical na búsqueda de aproveitar o potencial humano e de recursos propios que ten a nosa comarca..


A candidatura encanbezada por Amaro Carretero (30 anos), actor e activista social, militante de Esquerda Unida desde 2004 irá acompañada por un equipo de persoas mozas coma Adrián Casanova Chiclana (Número 2, 25 anos), graduado en biloxía e comprometido co activismo social, Óscar Moldes (Número 6, 29 anos) , Técnico Supeior en Electrónica e militante no Sindicato de Estudiantes durante a súa época estudiantil; e de persoas do ámbito sindical coma José Luis López (número 3, 50 anos) e Reyes Rodríguez (número 4, 47 anos). A lista tamén contará co apoio e o traballo de persoas de distintos ámbitos laborais coma Cristina Sánchez (26 anos, educadora infantil), Rocío Rodríguez ( número 10, 33 anos) abogada) , Antonio Quiroga (número 11, 29 anos), traballador da construcción) e de persoas do eido cultural coma Agustín Fernández (número 13,28 anos) Graduado en Belas Artes, productor audiovisual e músico.


En palabras do candidato á alcaldía: “Esta candidatura demostra que hai xente moza disposta a comprometerse por recuperar os nosos dereitos como cidadáns, xunto ca experiencia e compromiso dos máis veteráns defenderemos unha alternativa de goberno cos pés na terra disposta a plantarlle cara ás políticas de recortes aprobadas polo bipartidismo e asumidas polo actual goberno en mans do BNG¨


OS PRINCIPAIS EIXOS PROGMÁTICOS DA COALICIÓN ESQUERDA UNIDA-SON RESÚMENSE NAS SEGUINTES PROPOSTAS:


-REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA: Participación cidadá (nos orzamentos e nos plenos) ningún salario superará 3 veces o SMI e renuncia aos complementos por participación en plenos, comisións e dietas dos concelleiros/as con dedicación exclusiva. Revogación do mandato mediante referendo e límite de 2 lexislaturas (8 anos) paro o cargo de alcalde, facilitando a renovación e evitando a profesionalización da actividade política. -


-DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS: Remunicipalización progresiva dos servizos públicos (auga, lixo, oficina de recadación, piscina municipal, etc) garantindo o mantemento dos postos de traballo.


-ECONOMÍA E EMPREGO: Auditoría da débeda e das contas do concello.Plan de dinamización económica. Plan contra a Exclusión Social. Defensa do pequeno comercio. Apoio á creación de empresas de contido social (cooperativas, comunidades de bens).


-URBANISMO E MEDIOAMBIENTE: Revisar e completar o PEPRI (Plan Especial de Protección e Rehabilitación Integral) para a posta en valor e a reactivación económica do casco histórico. Banco de Terras Municipal. Novo Plan de Transporte Público.


-OCIO E CULTURA: Creación do Consello Municipal de Cultura. Impulso da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, elaboraración da axenda cultural e guía turística da Ribeira Sacra en colaboración cos organismos e concellos implicados. Apoio ao deporte de base, atendendo especialmente ós deportes minoritarios e normalizar a participación feminina


-MULLER E IGUALDADE: Creación da Concellería da Muller. Ordenanza contra a publicidade sexista. Impulso do Foro Social da Muller para fomentar os valores femininistas.


Secretaría de Comunicación Esquerda Unida Monforte